Mostrando entradas con la etiqueta Aquilino Iglesia Alvariño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aquilino Iglesia Alvariño. Mostrar todas las entradas

2 de agosto de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

Luis Amado Carballo

Él era un alegre enamorado
con un nombre de árbol
y una voz verde de aurora de mañana verdegueada,
y altas flores finas llenas de llovizna.

Un día —lo sabéis ya— se le abrió en el pecho
una rosa morena.

Anclaron sus ojos en anchos ríos calmos
y sus manos
fueron hierbecilla fina o algo así.

Desde entonces ya no fue
más que un alegre poeta de su tierra.

Una voz de pradales y agua nueva.
Un senderillo de alisos y cucos de abril.
Una vidriera verde-rosa de amaneceres…

Alondra de altas tierras verdegueadas,
primavera de ríos,
mañanita de fuentes
y un dulce misterio de flauta y soto amigo.



☛ Aquilino Iglesia Alvariño, Luis Amado Carballo (publicacions.academia.gal, pdf, p. 55)
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Luis Amado Carballo
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Él era un ledo namorado
con un nome de álbore
e unha voz verde aurora de mañá verdegada,
e altas froles finas cheas de orballo.

Un día —xa o sabedes— abríuselle no peito
unha rosa mourana.

Ancraron os seus ollos en anchos ríos quedos,
e as suas maus
foron herbiña fina ou algo así.

Desde entón xa non foi
máis que un ledo poeta da súa terra.

Unha voz de pradelas e auga nova.
Un carreiriño de ameneiros e cucos de abril.
Unha vidreira verde-rosa de menceres…

Laberca de altas terras verdegadas,
primaveira de ríos,
mañanciña de fontes
e un doce aquél de frauta e souto amigo.




Luis Amado Carballo
(Normas 1982)

El era un ledo namorado
cun nome de árbore
e unha voz verde aurora de mañá verdegada,
e altas flores finas cheas de orballo.

Un día —xa o sabedes— abríuselle no peito
unha rosa mourana.

Ancoraron os seus ollos en anchos ríos quedos,
e as súas mans
foron herbiña fina ou algo así.

Dende entón xa non foi
máis que un ledo poeta da súa terra.

Unha voz de pradelas e auga nova.
Un carreiriño de ameneiros e cucos de abril.
Unha vidreira verde-rosa de amenceres…

Laverca de altas terras verdegadas,
primavera de ríos,
mañanciña de fontes
e un doce aquel de frauta e souto amigo.


☛ PyoZ ☚

1 de agosto de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

Manuel Antonio

Por un mar verde de algas
llevaba su barco a la deriva.
¡Ay, nuestro amigo!
En un mar de algas verdegueado
flotaba a la deriva el barco.
¡Ay, nuestro amigo,
capitán de alto navío!

Clara estrella, su brújula,
nuevecita, se abrió en la sombra.
¡Ay, nuestro amigo!
Y aquella flor de los naufragios
se desojó sobre los mástiles.
¡Ay, nuestro amigo,
capitán de alto navío!

Nuevecita, se abrió en las sombras
sin viento, estela ni ola.
¡Ay, nuestro amigo!
Se desojó sobre los mástiles
de noche, De cuatro a cuatro.
¡Ay, nuestro amigo,
capitán de alto navío!



Nota. De catro a catro (De cuatro a cuatro) es el título del único poemario publicado en vida, en 1928, por Manuel Antonio.
☛ Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Antonio (publicacions.academia.gal, pdf, p. 54)
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Manuel Antonio
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Por un mar verde de oucas
levara o seu barco a toas.
Ai, noso amigo!
Nun mar de oucas verdegado
boiara a toas o barco.
Ai, noso amigo,
capitán de alto navío!

Crara estrela, a súa buxola,
noviña, abriuse na sombra.
Ai, noso amigo!
E aquela frol dos naufraxios
desfollouse sobre os mastros.
Ai, noso amigo,
capitán de alto navío!

Noviña abriuse nas sombras
sin vento, ronsel nin onda.
Ai, noso amigo!
Desfollouse sobre os mastros
de noite, de catro a catro.
Ai, noso amigo,
capitán de alto navío!




Manuel Antonio
(Normas 1982)

Por un mar verde de oucas
levara o seu barco ás toas.
Ai, o noso amigo!
Nun mar de oucas verdegado
boiara ás toas o barco.
Ai, o noso amigo,
capitán de alto navío!

Clara estrela, o seu compás,
noviño, abriuse na sombra.
Ai, o noso amigo!
E aquela flor dos naufraxios
desfollouse sobre os mastros.
Ai, o noso amigo,
capitán de alto navío!

Noviño abriuse nas sombras
sen vento, ronsel nin onda.
Ai, o noso amigo!
Desfollouse sobre os mastros
de noite, de catro a catro.
Ai, o noso amigo,
capitán de alto navío!


☛ PyoZ ☚

31 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

Eduardo Pondal

I

Muy dulcemente
como hilos de agua negra alzándose al cielo,
o como finas venas doliendo en el aire a pico,
como humos mansos y lejanos,
uno tras otro,
van subiendo poquito a poco a las lomas
los pinares callados desde las vaguadas.

Mirad primero aquel silencio verde,
aquel pino del yermo,
desnudo,
en el amanecer alocado de altas calandrias,
entre los brezos sobresaltados
de ágiles liebres pardas y ranas pequeñas jadeando.

No es otra cosa
que una sombra callada y alargada,
piadosamente,
por los ocasos de oro
en los oteros que galopan los caballos de la manada.

Su copa aún sin nidos,
pues no encendió de velas la quinta primavera,
se doblega temblando
bajo las duras garras de un ave de rapiña
que esparce un instante su silencio
y después lo vuelve más profundo.

Allá en la medianoche
tiembla toda su sombra ya perdida entre la niebla
y se aleja un eco leve
por las vaguadas húmedas de llovizna.

Y temblequean caladas bajo la lluvia
las campanillas rojas de las urces.


II

Mirad ahora aquella nube desvaída y fragante,
aquella oleada de lluvia muy ligera volando al ras de la tierra,
ya sin potros de la manada, sin buitres y sin viento.

Aquel es el pinar triste del amanecer.
Un mar parado en el aire dulcemente.
Un mar con millares de barcos hundidos
y arboladuras de silencio.
Un mar dulcemente parado,
que se remansa y quiebra
en los maizales ardientes, verderrubios.

Es el pinar de los amaneceres quebrados sobre finas agujas de vidrio verde.

El pinar abandonado
con rosas de tela de araña,
relumbrantes de estrellas,
de estrellas blancas, verdes, rojas, color de fuego.

Es el pinar deshabitado y triste
que dejaron las chovas en desgarbados bandos
hacia las tierras de labranza.

Mirad como se desmorona lentamente
en jirones de luz y se desvanece.


III

Ahora mirad el pinar de los lentos ocasos de silenciosos pájaros.
Mirad como se agranda sobre millares de columnas rojas de oro leve.
Como crecen hasta las estrellas sus copas llenas de llamas de oro.
Como se va llenando de un silencio macizo y profundo como un mar.
Solo un perfume cálido y silencioso,
un silencio de angustia,
jugando al columpio,
en la nave honda y larga
que alargan no sé qué
millares de columnas y larguísimas sombras.

El corazón entonces
tiene un latir taciturno y cóncavo.
Y nuestros viejos pasos,
y nuestras viejas sombras
crecen como gigantes
ante nuestros ojos enormemente abiertos.

Y cuando ya en la garganta
va a estallar la angustia en un alarido espantoso,
bajo las olas quietas
de aquel mar de silencio como tierra,
allá muy arriba,
ya contra las estrellas y la luna,
rueda una ola grave y profunda de lejana música perdida.

Y el silencio y la noche ondean blandamente.
Y nosotros vagamos blandamente en la noche,
en la ola lejana,
en el mar ondeante
de los lamentos de los pinos.



Nota. Jirones: en el original marraxós/marraxóns; marraxón podría corresponder a un golpe dado con una marra o maza; traduzco por jirones a falta de otra idea. Queixumes dos pinos (con el castellanismo pinos, muy extendido, en lugar de piñeiros) es el título del poemario más conocido de Eduardo Pondal, publicado en 1886.
☛ Aquilino Iglesia Alvariño, Duardo Pondal (publicacions.academia.gal, pdf, p. 51)
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Duardo Pondal
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

I

Moi docemente
coma fíos de auga negra arreitando ô ceio,
ou coma finas venas doendo no aire a pico,
coma fumes mainos e lonxanos,
un tras de outro,
van subindo pouquiño a pouco âs lombas
os pinares calados, das valgadas.

Mirái primeiro aquel silencio verde,
aquel pino do ermo,
espido,
no mencer aloucado de altas calandras,
entre as queirogas sobresaltadas
de áxiles lebres pardas e râs pequenas arquexando.

N'é outra cousa
que unha sombra calada e alongada,
piadosamente,
pol-os solpôres de ouro,
nos outeiros que agallopan os cabalos da grea.

A súa copa aínda sin niños,
que n'alcendéu de velas a quinta primavera,
dobrégase trembando
sob as gadoupas duras de unha ave de rapiña
que esparexe un intre o seu silencio
e despois faino máis fondo.

Aló â media noite
tremba toda a sua sombra xa perdida entre a nebra
e alóngase un son leve
pol-as valgadas húmedas de orballo.

E trembequean caladas sob a chuva
as campaíñas roxas das carpazas.


II

Mirái agora aquela nube bacenta e recendente,
aquel vagallón de chuva moi leve voando a ras da terra,
xa sin poltros da grea, sin boutres e sin vento.

Aquel é o pinar triste do mencer.
Unha mar parada no aire docemente.
Unha mar con milleiros de barcos afundidos
e arboladuras de silencio.
Unha mar docemente parada,
que se remansa e quebra
nos milleirás ardentes, verdelouros.

É o pinar dos menceres quebrados sobor finas agullas de vidro verde.

O pinar abandonado
con rosas de tea de araña,
relumbrantes de estrelas,
de estrelas brancas, verdes, roxas, côr de lume.

É o pinar deshabitado e triste
que deixaron as choias en bandos degairados
de cara âs terras de labranzas.

Mirade cómo se esmorea lentamente
en marraxós de luz e se esfarela.


III

Ora mirade o pinar dos lentos solpôres de silenciosos páxaros.
Mirade cómo se agranda sobor milleiros de colunas roxas de ouro leve.
Cómo medran hasta as estrelas as suas copas cheas de lapas de ouro.
Cómo se vai enchendo dun silencio macizo e fondo coma un mar.
Sólo un perfume quente e silandeiro,
un silencio de angustia,
xogando â carriola,
na nave fonda e longa
que alongan que non sei
milleiros de colunas e longuísimas sombras.

O corazón daquela
ten un latir soturno e cóncavo.
E os nosos vellos pasos,
e as nosas vellas sombras,
medran coma xigantes
diante dos nosos ollos enormemente abertos.

E cando xa na gorxa
vai estalar a angustia nun berrido espantoso,
sob as olas paradas
daquel mar de silencio coma terra,
aló moi outo,
xa contra das estrelas e da lúa,
roula unha ola grave e fonda de lonxana música perdida.

E o silencio e a noite ondean brandamente.
E nosoutros vagueamos brandamente na noite,
na ola lonxana,
na mar ondeante
dos queixumes dos pinos.




Eduardo Pondal
(Normas 1982)

I

Moi docemente
coma fíos de auga negra arreitando ó ceo,
ou coma finas veas doendo no aire a pico,
coma fumes mainos e lonxanos,
un tras doutro,
van subindo pouquiño a pouco ás lombas
os piñeirais calados, das valgadas.

Mirade primeiro aquel silencio verde,
aquel piñeiro do ermo,
espido,
no amencer aloucado de altas calandras,
entre as queirogas sobresaltadas
de áxiles lebres pardas e ras pequenas arquexando.

Non é outra cousa
que unha sombra calada e alongada,
piadosamente,
polos solpores de ouro,
nos outeiros que galopan os cabalos da grea.

A súa copa aínda sen niños,
que non acendeu de velas a quinta primavera,
dobrégase trembando
so as gadoupas duras dunha ave de rapina
que esparexe un intre o seu silencio
e despois faino máis fondo.

Aló á medianoite
tremba toda a súa sombra xa perdida entre a néboa
e alóngase un son leve
polas valgadas húmidas de orballo.

E tremelican caladas so a chuvia
as campaíñas roibas das carpazas.


II

Mirade agora aquela nube bacenta e recendente,
aquel vagallón de chuvia moi leve voando a ras da terra,
xa sen poldros da grea, sen voitres e sen vento.

Aquel é o piñeiral triste do amencer.
Un mar parado no aire docemente.
Un mar con milleiros de barcos afundidos
e arboraduras de silencio.
Un mar docemente parado,
que se remansa e quebra
nos milleirais ardentes, verdelouros.

É o piñeiral dos amenceres crebados sobor finas agullas de vidro verde.

O piñeiral abandonado
con rosas de tea de araña,
refulxentes de estrelas,
de estrelas brancas, verdes, roibas, cor de lume.

É o piñeiral deshabitado e triste
que deixaron as choias en bandos desgairados
de cara ás terras de labranzas.

Mirade como se esmorea lentamente
en marraxóns de luz e se esfarela.


III

Agora mirade o piñeiral dos lentos solpores de silenciosos paxaros.
Mirade como se agranda sobor milleiros de columnas roibas de ouro leve.
Como crecen até as estrelas as súas copas cheas de lapas de ouro.
Como se vai enchendo dun silencio macizo e fondo coma un mar.
Só un perfume quente e silandeiro,
un silencio de angustia,
xogando á carriola,
na nave fonda e longa
que alongan que non sei
milleiros de columnas e longuísimas sombras.

O corazón daquela
ten un latexar soturno e cóncavo.
E os nosos vellos pasos,
e as nosas vellas sombras,
medran coma xigantes
diante dos nosos ollos enormemente abertos.

E cando xa na gorxa
vai estalar a angustia nun berrido espantoso,
so as ondas paradas
daquel mar de silencio coma terra,
alá moi alto,
xa contra das estrelas e a da lúa,
roula unha onda grave e fonda de lonxana música perdida.

E o silencio e a noite ondean blandamente.
E nosoutros vagueamos brandamente na noite,
na onda lonxana,
no mar ondeante
dos queixumes dos piñeiros.


egm. 2024

☛ PyoZ ☚

30 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

Curros Enríquez

¡Ay, el viejo amigo! ¡Ay, las canciones de las quebradas!
¿Recuerdas, amada? Floreció el asfódelo entre los chamizos.
En Vilanova comían chupamieles niños tristes.
¡Caramiñas verdes! ¡El pelo rubio olía a nébeda!

¡Ay, la noche alegre! ¡Ay, el alcázar de la calandria!
Jilguero, dime: ¿sonó el carrillón en la torre?
¿En la noche negra bufaba la cobra, nigromante?
Cabelleras largas, Rosiña llora por las colinas.

¡Ay, Martiño y Rosa! Roe el abejorro la flor del almendro.
Toneles rojos. Mordisquea la salamandra dulces náparos.
¡Ay, noche negra! Trajina la cochinilla en la carrasca.
El duende embruja: «al abrir la noche canta la cogujada».

Nieva manso y triste. Ladra la lamia en el castañar.
Lívida casida ha subido a la bóveda de las lágrimas.
Bajo la alborada voló la anémona como un beso.
Espadañas de oro mecen tristes cunas de ánimas.

¡Ay, el mochuelo espectro! Llora un bebé pequeñito.
Bubones leprosos horadan el vértigo suave de la sombra.
En la noche sin fin desteje la cobra anillos blandos.
Diablillos negros mustian la gracia de la porciúncula.

¡Ay viejo amigo! Zumban anatemas contra el hereje.
¡Ánimas santas! El alma se arruga y se encoge.
Mas la noche entera ardió una lámpara de añoranzas.
Luciérnagas verdes alumbran aún en los recodos.



Nota. Carrillón: en el original axóuxere, que no es carrillón, según los diccionarios, sino cascabel o sonajero. Náparo: [v]ariedad de uva blanca de mesa de granos gruesos y piel transparente (EGU). Duende: en el original escoler, ser fantástico de la mitología gallega que según la creencia popular produce las tormentas (DRAG). Porciúncula: jubileo que se gana el día 2 de agosto en las iglesias y conventos de la Orden de San Francisco (DRAE). Anatemas contra el hereje: Curros Enríquez fue denunciado por el obispo de Orense, por su poemario Aires da miña terra, condenado a dos años y cuatro meses de cárcel, además de muIta, suspensión de todo cargo público y privación del derecho de sufragio, y finalmente absuelto.
☛ Aquilino Iglesia Alvariño, Curros Enríquez (publicacions.academia.gal, pdf, p. 50)
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Curros Enríquez
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Ai, o vello amigo! Ai, as cántigas dos engrovios!
Lémbraste, amada? Floríu a abrótiga entre os cádavos.
En Vilanova comían apóutegas nenos tristes.
Caramiñas verdes! O pelo louro ulía a néveda!

Ai, a noite leda! Ai, o alcázare da calandra!
Xílgaro, dime: Sonóu o axóuxere na torre?
Na noite negra fungaba a cóbrega, degrumante?
Cabeleiras longas, Rosiña chora pol-os cómaros.

Ai, Martiño e Rosa! Roi o abábaro a frol do almendro.
Gábados roxos. Rilaba a píntega doces náparos.
Ai, noite negra! Bule o encáncele na carroucha.
O escoler ameiga: “ô abril-a noite canta a lódola”.

Neva maino e triste. Ladra a lumia no bravádego.
Lívida casida subíu â abóveda das bágoas.
Sob a alborada voóu a anémona coma un bico.
Espadanas de ouro abalan tristes bercios de ánimas.

Ai, o moucho agoiro! Chora un nécoro pequeniño.
Vérragos gafos furano o vágado mol da sombra.
Na noite a fío destece a cóbrega anelos dondos.
Demachiños negros murchano a gracia da Percíngula.

Ai vello amigo! Zúan anátemas contra o hirexe.
Ánimas santas! A i-alma enrúgase i-escrequénase.
Mais toda a noite ardéu unha lámpara de saudades.
Vagalumes verdes aluman inda nos recóbados.




Curros Enríquez
(Normas 1982)

Ai, o vello amigo! Ai, as cántigas das engrobas!
Lémbraste, amada? Floreou a abrótiga entre os cádavos.
En Vilanova comían apóutegas nenos tristes.
Caramiñas verdes! O pelo louro ulía a nébeda!

Ai, a noite leda! Ai, o alcázar da calandra!
Xílgaro, dime: Soou o axóuxere na torre?
Na noite negra fungaba a cóbrega, degrumante?
Cabeleiras longas, Rosiña chora polos cómaros.

Ai, Martiño e Rosa! Roe o abábaro a flor da amendoeira.
Gábados roibos. Rilaba a píntega doces náparos.
Ai, noite negra! Bole o encáncele na carroucha.
O escoler ameiga: “ó abri-la noite canta a lódoa”.

Neva maino e triste. Ladra a lumia no bravádego.
Lívida casida subiu á bóveda das bágoas.
So a alborada voou a anemone coma un bico.
Espadanas de ouro abalan tristes berces de ánimas.

Ai, o moucho agoiro! Chora un nécoro pequeniño.
Vérragos gafos furan o vágado mol da sombra.
Na noite a fío destece a cóbrega aneis dondos.
Demachiños negros murchan a graza da porciúncula.

Ai vello amigo! Zoan anatemas contra o herexe.
Ánimas santas! A alma engúrrase e escrequénase.
Mais toda a noite ardeu unha lámpada de saudades.
Vagalumes verdes aluman inda nos recóbados.


☛ PyoZ ☚

25 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

Rosalía de Castro

¡Ay, la lluvia larga! Sobre los puentes, hierba de sueño.
—Peñascos, peñascos de noche y mochuelos niños.

—Rueda, blanco y alegre, molino blanco, alegre caño.
—El agua parada en los ojos, ¿qué sueños muele?

¿Dónde está la tórtola tortolilla?
¡Ay! ¿qué ramita de viento,
cerezo de aire florido?

—Dadme un sol muy dulce para un viejo olivo que hay en Adina.
—Ya cantan los gallos en las eras. ¡Levanta, niña!

—¡Airiños, airiños aires, de negras penas muy quitadores!
—Y vacas amarillas en las colinas. ¡Canta, mi niña!

¡Ay, aquella voz quebrada!
¿En qué baranda de luna,
¡ay!, en qué verde baranda?

—¡Ay, las barcas alegres que lleva el Ulla, tu fuerte río!
—¡Muchachas risueñas de Tállara, canciones huérfanas!

—¡Ay, las vegas verdes de maizales y viento nuevo!
—Palomitas, palomitas pálidas, frías de noche.

Palomita de vidrio frío
en la sombra de la noche larga,
sin gallos de amor ni río.

Ahora el cuco de abril,
¿en que altos alisos
cantará abriles sin fin?



Nota. Adina: nombre con que también se conoce a Iria Flavia, Padrón, donde fue enterrada Rosalía. Tállara: lugar del municipio de Lousame, en la provincia de La Coruña. Ulla: segundo río más importante de Galicia, que pasa por Padrón y desemboca en la ría de Arosa.
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Rosalía de Castro
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Ai, a chuva longa! Sobor das pontes, herba de sono.
—Penedos, penedos de noite e mouchos neniños.

—Roula, branco e ledo, muíño branco, leda caneta.
—A i-auga parada dos ollos, qué sonos moe?

Ónde está a rula ruliña?
Ai!, que galliña de vento,
cerdeira de aire frolida?

—Daime un sol moi doce pra un vello olivo que hai en Adina.
—Xa cantan os galos nas airas. Érguete, nena!

—Airiños, airiños aires, de negras penas quitadoriños!
—E vacas marelas nos cómaros. Canta, neniña!

Ai, aquela voz quebrada!
En qué varanda de lúa,
ai!, en qué verde varanda?

—Ai, as barcas ledas, que leva o Ulla, teu forte río!
—Meniñas alegres de Tállara, cántigas orfas!

—Ai, as veigas verdes de milleirales e vento novo!
—Pombiñas, pombiñas pálidas, frías de noite.

Pombiña de vidro frío,
na sombra da noite longa,
sin galos de amor nin río.

Agora o cuco de abril,
en qué altos amieiros
cucará abriles sin fin?




Rosalía de Castro
(Normas 1982)

Ai, a choiva longa! Sobor das pontes, herba de sono.
—Penedos, penedos de noite e mouchos neniños.

—Roula, branco e ledo, muíño branco, leda caneta.
—A auga parada dos ollos, que sonos moe?

Onde está a rula ruliña?
Ai!, que galliña de vento,
cerdeira de aire florida?

—Dádeme un sol moi doce pra unha vella oliveira que hai en Adina.
—Xa cantan os galos nas airas. Érguete, nena!

—Airiños, airiños aires, de negras penas quitadoriños!
—E vacas marelas nos cómaros. Canta, neniña!

Ai, aquela voz quebrada!
En que varanda de lúa,
ai!, en que verde varanda?

—Ai, as barcas ledas que leva o Ulla, o teu forte río!
—Meniñas alegres de Tállara, cántigas orfas!

—Ai, as veigas verdes de milleirales e vento novo!
—Pombiñas, pombiñas pálidas, frías de noite.

Pombiña de vidro frío
na sombra da noite longa,
sen galos de amor nin río.

Agora o cuco de abril,
en que altos amieiros
cucará abrís sen fin?


☛ PyoZ ☚

24 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

Petöfi

Hasta Kiskörös mismo llegaban los senderos de hierba verde.
Hasta Kiskörös mismo, las colinas verdes de las vegas de Hungría.
Hasta el mismo Kiskörös, los verdes de las vegas de rosas amarillas.
Hasta Kiskörös con alegres canciones del Danubio.

Era un tiempo de largas espadas brillantes,
en el que los poetas morían con una rosa en el pecho
y un poema que nunca se pudo terminar.

Corazones como claras banderas
encendían el viento asombrado.
Y la voz siempre concluía en una rosa abierta de sangre.

Viudas de vivos trágicos
mataban al amanecer tristes lámparas desveladas.

Eran pequeñas las noches de largos besos salados y amargos,
en las que se paraba el negro de la ruleta de los conspiradores.

¡Ay, Petöfi, Petöfi, dulce poeta de los amaneceres como espadas!
¡Ay, Petöfi, Petöfi, dulce poeta de los adioses para siempre!

¡Como revoloteaban las capas de los cosacos en Segesvár!



Nota. Sándor Petöfi, nacido en Kiskörös, Hungría, desapareció en la batalla de Segesvár (actual Sighișoara) contra las tropas rusas, quizá muerto bajo el sable de un cosaco.
☛ Aquilino Iglesia Alvariño, Petöfi (books.google.es)
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Petöfi
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Hasta Kiskörös mismo chegaban os carreiriños de herba verde.
Hasta Kiskörös mismo, os cómaros verdes das veigas de Hungría.
Hasta o mismo Kiskörös, os verdes das veigas de rosas amarelas.
Hasta Kiskörös con canciós ledas do Danubio.

Era un tempo de longas espadas brillantes,
en que os poetas morrían cunha rosa no peito
e un poema que nunca se puido rematar.

Corazós coma craras bandeiras
alcendían o vento pasmado.
E a voz sempre se finaba nunha rosa aberta de sangre.

Viudas de vivos tráxicos
mataban ô mencer tristes lámparas desveladas.

Eran pequenas as noites de longas chuchas salgadas e amargues,
nas que se paraba o negro da ruleta dos conspiradores.

Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos menceres coma espadas!
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adioses [sic] pra sempre!

Cómo revoaban as capas dos cosacos en Segosvar!




Petöfi
(Normas 1982)

Ata Kiskörös mesmo chegaban os carreiriños de herba verde.
Ata Kiskörös mesmo, os cómaros verdes das veigas de Hungría.
Ata o mesmo Kiskörös, os verdes das veigas de rosas amarelas.
Ata Kiskörös con cancións ledas do Danubio.

Era un tempo de longas espadas brillantes,
en que os poetas morrían cunha rosa no peito
e un poema que nunca se puido rematar.

Corazóns coma claras bandeiras
acendían o vento pasmado.
E a voz sempre finaba nunha rosa aberta de sangue.

Viúvas de vivos tráxicos
mataban ó mencer tristes lámpadas desveladas.

Eran pequenas as noites de longas chuchas salgadas e amargas,
nas que paraba o negro da ruleta dos conspiradores.

Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos menceres coma espadas!
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adeuses pra sempre!

Como revoaban as capas dos cosacos en Segesvár!


☛ PyoZ ☚

23 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

J. C. Friedrich Hölderlin

Eran tan dulces los campanarios de Tubinga
y eran tan ledas las calles —¡ay!— de los estudiantes.
Rubitas rubias, las taberneras de Denkendorf
sonríen alegres a los pobres mozos tonsurados.

¡Ay, qué bebedizo le habrán dado a aquel mocito!
¡Ay, qué oscuro asomo en la mar clarita de sus ojos!
¡Ay, quién amputaría el vidrio limpio de su alma!
¡Ay, qué gusano roe el corazón de nuestro amigo!

Y ahora, ¿dónde suena muy antiguo son de flauta?
Y ahora, ¿dónde verdeguea el boj de Academo?
Mirtos de Aspasia, ¿dónde decoran ellos ahora
claro entusiasmo, dioses de gracia y piedra mármol?

Plátanos con sol, riberas del Iliso, lleno de nidos.
Plátanos con miel y abejas de oro, vago son.
Erasmie péleia, palomita blanca de Batilo,
sin vino rojo, de las alas heladas y sin sueño.



Nota. Erasmie: probablemente de Erasmo (el de Róterdam) que implantó una pronunciación del griego antiguo denominada “erasmiana”. Péleia (πέλεια): en griego antiguo “paloma bravía”. Batilo. Égloga en alabanza de la vida del campo es una obra de Juan Meléndez Valdés publicada en 1780.
☛ Aquilino Iglesia Alvariño, Joh. Chr. Friedrich Hölderlin (books.google.es)
☛ Biografía de Aquilino Iglesia Alvariño (dbe.rah.es)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

Joh. Chr. Friedrich Hölderlin
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Eran ben doces os campanarios de Tubinga
e eran ben ledas as rúas —ai!— dos estudiantes.
Louriñas louras, as taberneiras de Denkéndorf
sorrín alegres ôs probes mozos tonsurados.

Ai, qué bebedizo a aquel mociño lle darían!
Ai, qué oscuro aquél na mar clariña dos seus ollos!
Ai, quén fanaría o vidro limpo da súa i-alma!
Ai, qué verme roe o corazón do noso amigo!

E agora, en ónde sona moi vello son de frauta?
E agora, en ónde verdega o buxo de Academo?
Mirtos de Aspasia, ónde decoran eles ora
craro entusiasmo, deuses de gracia e pedra mármore?

Plátanos con sol, beiras do Iliso, cheo de niños.
Plátanos con mel e abellas de ouro, vago son.
Erasmie péleia, pombiña branca de Batilo,
sin viño roxo, de alas xeadas e sin sono.




Joh. Chr. Friedrich Hölderlin
(Normas 1982)

Eran ben doces os campanarios de Tubinga
e eran ben ledas as rúas —ai!— dos estudantes.
Louriñas louras, as taberneiras de Denkendorf
sorrín alegres ós pobres mozos tonsurados.

Ai, que bebedizo a aquel mociño lle darían!
Ai, que escuro aquel no mar clariño dos seus ollos!
Ai, quen fanaría o vidro limpo da súa alma!
Ai, que verme roe o corazón do noso amigo!

E agora, en onde soa moi vello son de frauta?
E agora, en onde verdega o buxo de Academo?
Mirtos de Aspasia, onde decoran eles agora
claro entusiasmo, deuses de graza e pedra mármore?

Plátanos con sol, beiras do Iliso, cheo de niños.
Plátanos con mel e abellas de ouro, vago son.
Erasmie péleia, pombiña branca de Batilo,
sen viño roibo, de ás xeadas e sen sono.


☛ PyoZ ☚

21 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

A. Tibulo

¡Ay, cómo duelen las rosas de esa aurora
que alumbran claras picas, altas lanzas!
¡Ay, cómo duelen ya hondas pesadumbres,
silencio cerrado, yermo y solitaro!

Partieron alegres naos, dulces amigos.
Brilla en sueños el mar de los argonautas.
Corcira es triste lejos de las amadas
choperas y los bosques silenciosos.

¡Qué larga calle, tan callada y fría,
llena de sombras en las encrucijadas!
Suenan muy suavemente cautelosas
pisadas de nadie, pasos vacíos.

Es amargo el día. Y aún más amarga
la sombra de la noche, mar callada.
Va, uva a uva, el alma desgajando
racimos de instantes tardíos, llenos de ceniza.

¡Qué dulce ser peña bajo la nieve,
bajo las olas abiertas como alas!
¡Qué dulce ser un nombre, un nombre solo,
y una añoranza dos mil años viva!



☛ Aquilino Iglesia Alvariño, A A. Tibulo (A.Pociña, A cultura latina nos autores e autoras galegos, pdf, p. 94)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)
☛ F. Lillo Redonet. Presencia de Catulo y Tibulo en la poesía gallega del siglo XX (core.ac.uk)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

A. A. Tibulo
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Ai, cómo dôn as rosas desa aurora
que aluman craras picas, altas lanzas!
Ai, cómo dôn xa fondas señardades,
silencio pecho, ermo e soedoso!

Partiron ledas naos, doces amigos.
Brila en sonos a mar dos argonautas.
Corcira é triste lonxe dos amados
lamagueiros e os bosques silenciosos.

Qué longa rúa, tan calada e fría,
chea de sombras nas encrucilladas!
Sonan moi docemente solermiñas
pisadas de ninguén, pasos valeiros.

É amargue o día. E aínda máis amargue
a sombra de denoite, mar calada.
Vai, uva a uva, a i-alma depenando
acios de intres serodios, cheos de cinza.

Qué doce ser penedo sob a neve,
sob as olas abertas coma alas!
Qué doce ser un nome, un nome solo,
e unha saudade dous mil anos viva!




A A. Tibulo
(Normas 1982)

Ai, como doen as rosas desa aurora
que aluman claras picas, altas lanzas!
Ai, como doen xa fondas señardades,
silencio pecho, ermo e soidoso!

Partiron ledas naves, doces amigos.
Brilla en sonos o mar dos argonautas.
Corcira é triste lonxe dos amados
lamagueiros e os bosques silenciosos.

Que longa rúa, tan calada e fría,
chea de sombras nas encrucilladas!
Soan moi docemente solermiñas
pisadas de ninguén, pasos baleiros.

É amargo o día. E aínda máis amarga
a sombra de denoite, mar calada.
Vai, uva a uva, a alma depenando
acios de intres serodios, cheos de cinza.

Que doce ser penedo so a neve,
so as ondas abertas coma ás!
Que doce ser un nome, un nome só,
e unha saudade dous mil anos viva!


☛ PyoZ ☚

20 de julio de 2024

Aquilino Iglesia Alvariño

C. V. Catulo

¡Dos mil años de noche! ¿Qué pájaro
roe dedillos de almendra, sombra fina?
¿Qué fontana de sueño ahora borbotea
agua leve de risa deshojada?

Lesbia —besos a cientos, como arenas,
como olas larguísimas saladas—,
¿qué dulce sueño enreda la noche triste?
¿Qué añoranzas te roen pechos oscuros?

Cuenta, cuenta Veranio, buen amigo,
ledos cuentos de Iberia, tierra ardida.
—Brazos cálidos ahogan noches negras.
Tiemblan las corvas lisas como boj.

¿Recuerdas la flor oculta junto a la vega
bajo la reja del arado, buen amigo?
—Alza, blanca, Postumia, rojas copas,
uva de oro, en la noche pesarosa.

Sirmón, Sirmón venusta, blando lecho,
alegres risas del lago que uno amaba.
—No me cierres las puertas, Ipsitila,
roja, rubia manzana, naranja de oro.



Nota
Ipsitila: en la edición de X. Alonso Montero Ipsilila, pero en Catulo es Ipsitila; probable errata arrastrada en sucesivas ediciones, y no debida al autor, profesor de latín. Venusta es un latinicultismo (de Venus), «hermosa y agraciada» según la real española y «de gran fermosura» según la gallega .
☛ Aquilino Iglesia Alvariño, C. V. Catulo (A.Pociña, A cultura latina nos autores e autoras galegos, pdf, p. 93)
☛ L. Rodríguez Gómez. Lectura temática da poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (poesiagalega.org)
☛ F. Lillo Redonet. Presencia de Catulo y Tibulo en la poesía gallega del siglo XX (core.ac.uk)

Trad. E. Gutiérrez Miranda 2024


                    ∼

C. V. Catulo
(Ed. X. Alonso Montero, 1986)

Dous mil anos de noite! ¿Qué paxaro
roi dediños de almendra, sombra fina?
¿Qué fontela de sono ora agurgulla
auga leve de risa desfollada?

Lesbia —bicos a centos, coma areias,
coma olas longuísimas salgadas—,
¿qué doce sono enleia a noite triste?
¿Que saudades che rôn peitos escuros?

Conta, conta Veranio, bon amigo,
ledos contos de Iberia, terra ardida.
—Brazos quentes afogan noites pechas.
Tremban sofraxes lisas coma buxo.

¿Lembras frol asañada ô pe da veiga
sob a rella do arado, bon amigo?
—Ergue, branca, Postumia, roxas cuncas,
uva de ouro, na noite señardosa.

Sirmio, Sirmio venusta, brando leito,
risas ledas do lago que un amara.
—Non me zárre-las portas, Ipsilila,
roxa, loura mazá, naranxa de ouro.




C. V. Catulo
(Normas 1982)

Dous mil anos de noite! Que paxaro
roe dediños de améndoa, sombra fina?
Que fontela de sono xa agurgulla
auga leve de risa desfollada?

Lesbia —bicos a centos, coma areas,
coma ondas longuísimas salgadas—,
que doce sono enlea a noite triste?
Que saudades che roen peitos escuros?

Conta, conta Veranio, bo amigo,
ledos contos de Iberia, terra ardida.
—Brazos quentes afogan noites pechas.
Tremen sofraxes lisas coma buxo.

Lembras flor asañada ó pe da veiga
so a rella do arado, bo amigo?
—Ergue, branca, Postumia, roxas cuncas,
uva de ouro, na noite señardosa.

Sirmio, Sirmio venusta, brando leito,
risas ledas do lago que un amara.
—Non me cérre-las portas, Ipsitila,
roxa, loura mazá, laranxa de ouro.


☛ PyoZ ☚